Non podíamos rematar o curso sen sacar proveito das plantas aromáticas que aportamos á horta do cole. Fixemos uns xabonciños de glicerina con romeu e herba luísa que son ben fáciles de facer na casa en ratos de aburrimento. Cunha pastilla de xabón de glicerina (usamos marca LIDA con outros que levan aceites esenciais non funciona) a derretemos no microondas uns segundiños ou no lume uns minutos ata que quede líquido; de seguido engadimos os anacos de flores ou herbas aromáticas que queiramos, tamén se pode facer con avena... Colocamos nos moldes de silicona e agardamos a que arrefríen. Xa víchedes o resultado!!! Un agasallo moi sinxelo e feito por eles!!! Como sobraron anacos de herba luísa e romeu levaron uns sobres con eles dentro para colocar no armario e que cheire xenial. GRAZAS POLAS APORTACIÓNS Á HORTA VERTICAL E POSTERIOR TRASPLANTE Á HORTA DO COLE!!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario