10.6.18

Mauro o violinista

Temos a sorte de ter un futuro violinista na clase. Este venres aprendemos moitísimas cousas sobre os violíns grazas a Mauro e ó seu avó. Coñecimos as partes do violín, do arco, curiosidades como que a parte do arco que frota as cordas está feito de crin de cabalo, que os violíns máis especiais son os Stradivarius que ninguén soubo volver construílos xa que o segredo morreu cos artesáns... e moitas cousas máis. Escoitamos o son especial que ten o violín tanto coa técnica de corda fretada coma de pizzicato en vivo. Unha sorte ter tan preto un instrumento tan especial. GRAZAS FAMILIA!!!!!!!!

3 comentarios:

  1. Que artista Mauro!!. Moitas grazas x compartir cos compañeiros o teu talento. Parabéns, dentro de pouco estarás dando concertos e nos enchendo as butacas pra disfrutar da túa música. 👏👏

    ResponderEliminar
  2. Bravo Mauro. A Oliver le gustó mucho y a nosotros también. 👏👏👏👏👏

    ResponderEliminar