Onte estivemos recordando todo o que aprendéramos o ano pasado sobre Hawaii e os volcáns aproveitando que entrou en erupción o volcán Kilauea. Atopei este pequeno vídeo que amosa imaxes reais que son as que máis lles impactan por si o queredes ver na casa. Con esta noticia lembramos o que é un arquipélago, as illas volcánicas, as partes do volcán, as placas tectónicas, a capital de Hawaii, as rochas magmáticas e ata aproveitamos para aprender a escala Richter que serve para medir a magnitude dos terremotos!!!
Grazas profe, ti sempre en todo, volveremos mirar as imaxes que son abrallantes, Carmen hoxe o chegar do cole parecía toda unha comentarista televisiva,non falaba doutra cousa.
ResponderEliminarHa sido una pasada, nos ha encantado este vídeo. Gracias profe Marta 😘😘😘😍
ResponderEliminar