Fixemos o último taller de cociña deste curso co alumnado de 1º e 2º elaborando uns bombóns riquísimos de caco puro. Tamén visualizamos un conto sobre a orixe do caco, vimos fotos da árbore e dos seus froitos e sementes. Quedaron deliciosos e son moi sinxelos de facer na casa.
Ingredientes:
- 250 gr de cacao puro.
- 40 gr de aceite de oliva.
- Azucre ó gusto.
Elaboración:
Pasar o chocolate de estado sólido a líquido no microondas. A continuación mesturamos co aceite e o azucre. Metemos nos moldes e logo no frigorífico para endurecerse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario