A tribo de 1º e a nosa clase fomos hoxe á horta. Aproveitando que fixo moi bo tempo esta semana, decidimos saír para plantar as nosas aromáticas na horta. Alí van ter mellores condicións para medrar que na aula. Tócanos coidalas moito e investigar un pouquiño máis sobre as súas propiedades e usos.
Foi unha actividade moi chula e o pasaron xenial!!!! De novo quero agradecer ás familias que aportaron plantiñas porque foi grazas a vós que puidemos facer esta pequena plantación.
GRAZAS FAMILIAS!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario