24.1.18

Poesías Leonardo da Vinci

No contexto estivemos traballando a poesía, e cada equipo fixo unhas rimas ben fermosas sobre Leonardo que queremos compartir con todas as lectoras e lectores do noso blog.

Equipo Medusas-Venenosas

Leonardo da Vinci
pintou a Mona Lisa
foi á súa casa
e a ten moi lisa.

Leonardo da Vinci
o Home de Vitrubio pintou
e se fixo moi famoso
e a todo o mundo lle gustou.

Leonardo da Vinci
dáballe moito ó coco
por iso pintou moitos cadros
e mentres pintaba os cadros
caíalle un moco.

Equipo Gatos-zombis

Leonardo da Vinci
non tiña filliños
non tiña muller
nin tiña coelliños.

O inventor italiano
pintou a Mona Lisa
que tiña unha moza
chamada Isa.

O inventor
comeu sandía
e deu unha volta
polo día.

2 comentarios:

  1. Novamente nos sorprendedes!, Agora coas vosas dotes literarias, confiemos que a cousa non decaia, e sigades así todo o ciclo de primaria!. Parabens 🤗

    ResponderEliminar
  2. Siii, una actividad chulísima y qué bien lo hicieron todos/as. ¡Felicidades!

    ResponderEliminar