3.5.17

Les trois bandits

O venres tivemos a sorte de ter un contacontos moi especial. O papá de Eliane contounos un conto chulísimo en francés "Os tres bandidos", do mesmo autor do conto da cangura "Adelaida". Gustounos moitísimo o conto en francés coa tradución simultánea de Eliane. Tamén aprendemos a canción de Frère Jacques que lle agasallamos ó noso contacontos.
Convidámosvos a vir contarnos un conto na lingua que queirades xa que nos gustan moito estas experiencias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario